martes, 26 de xuño de 2007

Poemas pola PAZ

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya



(Vía Mesturas)

venres, 22 de xuño de 2007

Festival no Día da Música

Disque o prometido é débeda e aquí estou eu, disposta a facer unha crónica do acontecido no Festival de Fin de Curso

Algún de vós estará pensando que ten que ver un festival de fin de curso co blog da biblioteca. Pois moitísimo. Onte era o Día da Música, e nós, no IES de Fene, celebrámolo por todo o alto... e nesa celebración, e como non podía ser menos, participamos todos os membros do equipo da biblioteca. Gústanos a lectura, a música, e como non a festa... Queredes velos? Pois aquí os tedes a todos e todas...

Alexandre: Na parte técnica

Inma e Mª Carmen: Titanic (Non veu Celine Dione, pero non a botamos de menos!!), Déjame e Guantanamera (Coros)

Ánxeles, Begoña e Loly: Déjame (Non son "Los Secretos" son "Woman's Secret") e Guantanamera (Coros)

Conchi: Guantanamera (Coros e percusión)

Sabela: Guantanamera (Baixos)

Xoán e Antonio: Guantanamera (Acompañamento)

Miguel Anxo: Guantanamera (Batería)

Xunto co resto do profesorado. De 44 profes que formamos o claustro, enriba no escenario ou abaixo cantando, aplaudindo e animando, practicamente estivemos todos. Tampouco faltaron os conserxes (son deles a maioría das fotos!!). Pero o mellor de todo o alumnado. As actuacións de 2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato así como a presentación a cargo de Samantha e Lourdes de 1º de bacharelato foron un éxito. E como público estiveron entregados dende o principio pois escoitaron con moitísima atención as interpretacións dos seus compañeiros e compañeiras e non deixaron de animar e corear todos os temas nos que participamos o profesorado. Ao final non había quen os botara do salón de actos. Querían seguir, pero o deber agardaba e tivemos que comezar as avaliacións!!

Pasámolo moi ben, algún de nos “desmelenámonos” cun micro na man.... Debemos repetir este tipo de celebracións. De feito xa hai quen está a pensar o que vai facer co seu alumnado o próximo curso!!

Dende aquí queremos darlle a noraboa á nosa compañeira Bárbara, a profe de música, que non escatimou horas e horas de traballo para que todo saíse á prefección. Vaia repertorio!!. Bárbara PARABÉNS!! Unha experiencia FANTÁSTICA!!

xoves, 21 de xuño de 2007

Xornada Festeira

Pois iso é, o que será a xornada de mañá, bueno a xornada de hoxe, pois a estas horas xa estamos a xoves 21 de xuño.

Unha festa por todo o alto, non hai mais que ver o programa fantástico artellado pola nosa compañeira Bárbara Mourelo, a profe de música.

Estarán connosco, entre outros, “Los Secretos”, “Celine Dione”... e moitos máis. Máis de 20 actuacións que darán moitísimo que falar.

Que vos parece?

Como, que non decides nada? Quedáchedes sen palabras?

Non é para menos, con tanta “celebridade” en Fene. Pódovos asegurar que nunca tal se víu...

Pero non vos preocupedes, a reportaxe gráfica mañá. Non a perdades!!

XOVES 21, UN DÍA MEMORABLE!!

E para ir facendo boca, ahí vai un video de "Los Secretos" e unha das súas máis famosas baladas "Déjame" acompañados de algúns dos mellores artistas do panorama musical español. Unha pequena xoia!!

mércores, 20 de xuño de 2007

Por e para o alumnado de 3ºC - PDC



Cool Slideshows!

Pois si, este artigo é por a para todos eles. Catro mozas e tres mozos dos que estou moi orgullosa. Comezamos o curso con moitas reticencias. “Profe, nin nos gusta estudar nin tampouco nos gusta moito o inglés... e xa non digamos ler, non nos gusta nada de nada!!”

Non vou explicar aquí e agora como foi o curso, simplemente contarvos que cinco dos sete participaron nun dos clubs de lectura. Lemos ESKORIA. Fantástico!! E rematamos o curso facendo un cómic autobiográfico en inglés que vos queremos ensinar. Axudounos María, a profe de plástica. Tróuxonos os seus cómics, neles contaba as súas historias, as da súa avoa... Ela si que é unha artista!!

Así que visto o feito só lles podo dicir, “Preparádevos, o curso que ven MÁIS E MOITÍSIMO MELLOR!!


luns, 18 de xuño de 2007

Suxestións para o Verán

"O Noso Faiado".
Nese espazo da nosa bitácora, onde imos gardando todos os materias elaborados e que poñemos a disposición de quen queira utilizalos, atoparás, na sección de Fomento da Lectura, as Suxestións de Lectura para o verán.

Hai suxestións para todos. Literatura Xuvenil e para Adultos.

Pero non esquezas algo importante,
"O espazo é pouco, os libros son moitos.

Anímate!!


Entra no mundo da aventura de ler!!"







venres, 15 de xuño de 2007

Axuda urxente para "O Courel"


(Vía SOS Courel) Luar na Lubre: Terra

“SOS COUREL”

Que se pide?
  • Que se declare O Courel Parque Natural
  • Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor
  • A posta en marcha dun Plan Urxente para a recuperación ambiental do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional...




Queda moi pouco tempo!!

O prazo desta campaña remata o vindeiro xoves 21 de xuño.

Axuda urxente para O Courel

martes, 12 de xuño de 2007

Traballo e Explotación Infantil - Nunca Máis!!



create your own slideshow

SOBRAN AS PALABRAS!!

Non á Explotación Infantil

En todo o mundo hai máis de 250 millóns de nenos e nenas que traballan

Neste documental “No és un joc” http://video.google.com/videoplay?docid=1479334347315462075

realizado por CCOO de Cataluña, pódese ver toda a crueza das diferentes formas de traballo infantil en latinoamérica:

  • As fogueterías de Guatemala
  • Os curileros no Salvador
  • Os bóbiles en Perú
  • Os vertedoiros da Chureca en Nicaragua
  • As minas de esmeralda en Colombia
  • O piedrín en Nicaragua
  • A explotación sexual en Nicaragua
  • A caña de azucre en Bolivia

Erradiquemos o traballo infantil e a explotación laboral dos nenos e nenas do mundo, pero para conseguilo debemos concienciar aos nenos e rapaces do chamado “primeiro mundo” pois deles é o futuro, nas súas máns está o poder acadar un mundo mellor!!.

Máis información:

http://www.edualter.org/material/explotacion/home.htm

http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=578

http://www.ilo.org/public/english/bureau/inf/wdacl/portuguese.htm

http://www.conc.es/noesunjoc/galego/treball_urba_galego.htm

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~eli/

http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=225

http://www.cruzroja.es/portal/page?_pageid=33,26659&_dad=portal30&_schema=PORTAL30

http://www.monografias.com/trabajos/einfantil/einfantil.shtml

Related Posts with Thumbnails