sábado, 28 de febreiro de 2009

A Máis Marabillosa Viaxe. A Viaxe Cara á Vida

Hoxe, estamos segurísimos que moitos de vós sorprenderédesvos ao comprobar de que viaxe estamos a falar.

É unha viaxe que todos fixemos, algúns hai máis tempo que outros, pero do que ningún de nós gardamos recordo algún, pero agora, e grazas ao National Geographic podemos admirar e non deixar de sorprendernos, mesmo ata emocionarnos ao poder contemplar como se desenvolve un feto no útero materno ao longo dos nove meses dun embarazo.

Preparádevos, aquí tedes once vídeos cos que non perderedes detalle ningún dunha das máis, senón a máis marabillosa viaxe, a viaxe cara á vida...



Máis Vídeos do National Geographic

venres, 27 de febreiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXVII)

Cincuenta anos pasaron xa dende aquel fatídico 3 de febreiro en que tres precursores do rock Buddy Holly, Ritchie Valens (autor de La Bamba) e JP 'The Big Bopper' Richardson morreron nun accidente aéreo.

Buddy Holly, logo de romper coa súa banda, comeza unha xira esgotadora. O coche no que viaxaban, bastante destartalado xa, queda sen calefacción nun inverno ben duro o que fai que, a pesar de que lle aterrorizaba voar, merque unha avioneta cuxas condicións tampouco eran moi boas.

Esa avioneta, pilotada por un xoven inexperto, sufre un accidente que lle costou a vida a todos os seus tripulantes, nunha xornada que é coñecida como “O día no que morreu a música

Don McLean escribiría a historia dese fatídico día na súa famosísima American Pie, a súa particular homenaxe a estes tres grandes do Rock, o Padre (Richardson), o Fillo (Holly) e o Espíritu Santo (Valens).


Norman Gimbel e Charles Fox escribiron "Killing me Softly" inspirándose na experiencia de Lori Lieberman tras un concerto de McLean. A canción convertiuse nun enorme éxito para Roberta Flack, anos despois para Fugees e na actualidade é Pitingo o que novamente o leva ás listas de éxito como o seu primeiro tema de Soulería, "Soul a ritmo de bulería" o último traballo deste cantaor de flamenco.

xoves, 26 de febreiro de 2009

A Libraría Lello: A Mellor Libraría do Mundo

Hoxe, e grazas á nosa amiga Rosana que nos fixo chegar unha fermosísima presentación, imos comezar cunha serie de entradas dedicadas a esas librarías e bibliotecas, verdadeiras obras de arte, que hai polo mundo.

Nesta ocasión comezaremos coa Libraría Ernesto Chadron en Porto unha das librarías máis fermosas do mundo que foi restaurada en 1994 polo arquitecto Vasco Morais Soares quen respectou elementos orixinais especialmente a súa marabillosa fachada neogótica. Esta libraría foi refundada como libraría Lello & Irmao en homenaxe aos seus libreiros.

Unha libraría que conta cun extraordinario fondo bibliográfico e distintas seccións merecendo especial mención, polo seu gran valor, a dedicada a fondo antigo, ademáis dunha galería de arte permanente.

Nesta ocasión, a presentación orixinal, e grazas a unha nova ferramenta, o Ispring Converter, conseguimos subila ao Slideboom mantendo a súa música orixinal, o fado "Lisboa menina e moça" cantado por Carlos do Carmo.

Que a disfrutedes!!



Unha marabilla, non si?

Pois aínda non o víchedes todo. Entrade aquí e disfrutaredes dunha visita panorámica virtual no interior desta fantástica libraría.

mércores, 25 de febreiro de 2009

Sacapenas para Gaza (II)

Xa sei que todos os mércores as nosas entradas teñen que ver coa fotografía, e este mércores non ía ser menos, pero a diferencia dos anteriores, nesta ocasión o protagonista non é ningún fotógrafo ou fotógrafa de renome, esta vez os protagonistas imos a ser nós, as nosas fotografías, que se ben non están feitas por profesionais, o que non se nos pode negar é gañas e moito empeño en facelas o mellor posible.

Nesta ocasión o tema é a nosa última actividade, OS SACAPENAS.

Moitos de vós non deixades de preguntarnos que cando comezamos, sobre todo dende que víchedes feita a nosa primeira moneca sacapenas. Pois como ides comprobar a través deste novo recurso que hoxe vos presentamos o PhotoPeach, e que xa o víramos con outra das súas posibilidades, como non, en A Nosa Boa Inspiración, xa estamos máis que preparados para embarcarnos nesta fermosísima empresa. Enviar cariño e calor onde tanto están a sofrir.

Velaí tedes a película do que estivemos a facer nestas dúas últimas semanas, ademais de organizar o entroido, que non estivo mal, non si?


Ide elixindo modelo que o xoves comezamos !!

martes, 24 de febreiro de 2009

Sacapenas para Gaza

Unha antiga tradición guatemalteca di que cando @s nenos teñen unha pena, lla contan ao moneco sacapenas que colocan baixo a almofada antes de ir durmir. Ao espertar as penas terán desaparecido.

Dende o CEIP A Rúa (Cangas) xurde unha fermosa iniciativa que consiste en facer monecos sacapenas para enviar aos nenos e nenas de Gaza. O obxectivo é que sintan a solidariedade e o agarimo dos nenos e nenas galegas, que sintan que non están sós.

Esta proposta foi moi ben acollida tanto polo profesorado do grupo da biblioteca como polo alumnado do noso instituto así que decidimos organizármonos.

Sabela, profe de galego e especialista en todo tipo de manualidades, é a que dirixe o "obradoiro" para o profesorado, nós somos os primeiros que temos que aprender para logo traballar co alumnado. Xa nos aprendeu a facer dous tipos distintos de monecos, gorros de ganchillo, vestidos, perrucas... en fin, que esto xa comezou e agora non haberá quen nos pare...

Pero esta iniciativa non quedou no centro, xa saíu fóra del, de feito, algúns dos membros das nosas familias tamén están a botar unha man. Disque a unión fai a forza...

Velái tedes un pequeno vídeo de como vai o proceso...



Á volta das vacacións comeza a súa participación o alumnado, xa vos contaremos...

luns, 23 de febreiro de 2009

And the Oscar goes to... Penélope Cruz

A primeira actriz española que consegue un Óscar... PARABÉNS !!!



Máis en:

Publicidade

sábado, 21 de febreiro de 2009

O Entroido no IES de Fene

Hoxe, como todos os anos, celebramos o Entroido, máis nesta ocasión contabamos cunha compañía moi especial, os profesores e o alumnado italiano do intercambio que están a pasar unha semana connosco.

Foi unha festa moi divertida na que non faltou o tradicional concurso de postres, un fantástico concurso con xurado internacional incluido e no que se presentaron 33 marabillosos, divertidos e elaborados disfraces, un Karaoke no que contamos coa colaboración dun DJ moi especial "O Mercader de Venecia" -é que estamos que nos saímos- e por suposto, non podía faltar o noso 1º Concurso de Regueifas, por certo, dunha altísima calidade, e que vos presentamos aquí para que o poidades comprobar.





E como fin de festa, que mellor que unha boa laconada?

Dende O Segrel, queremos dar as grazas ao noso fantástico alumnado e profesorado pola magnífica posta en escea.

Parabéns a todos e todas as participantes por facer posible que un ano máis o Entroido no IES de Fene fose unha gran festa, e xa sabedes... o ano que ven máis e igual de ben que este, porque mellor é imposible!!

Aquí vos deixo unha pequena reportaxe do acontecido...


Nesta ocasión, e sen que serva de precedente, queremos dedicar esta entrada ao noso benquerido Vicedirector, que este ano non puido acompañarnos, moi ao seu pesar, nesta xornada festiva.

venres, 20 de febreiro de 2009

Nuestros viernes musicales (36)

Nos disfrazamos totalmente porque tenemos unas cuantas ideas para este carnaval y las queremos compartir contigo con una canción disfrazada.

Huy, perdón. Los viejos rockeros nunca se ríen...

xoves, 19 de febreiro de 2009

Itinerarios Lectores (II): Cultura Clásica

Hoxe presentámosvos os Itinerarios Lectores que nos chegan dende o departamento de Clásicas.

Nesta ocasión temos un para 1º e 2º de ESO, outro para 3º e 4º e un terceiro para Bacharelato.

Botádelle unha ollada, seguro que atoparedes moitas e moi boas suxestións de lectura, á nós gustáronnos moito e xa as temos encargadas. Pronto as atoparedes no noso "Recuncho das Novidades". Esperamos que disfrutedes da súa lectura.

Tedes unha copia en pdf no lateral esquerdo do blog, en "Documentos a Compartir".

Cultura Clásica 1º e 2º de ESO


Cultura Clásica 3º e 4º de ESO


Cultura Clásica Bacharelato


mércores, 18 de febreiro de 2009

Robert Doisneau, Algo Máis que "O Bico"

Robert Doisneau definíase a si mesmo como pescador de imaxes”, un pescador que explicaba Nas miñas imaxes procuro encontrar nos personaxes un espazo interior por onde corra o aire; é o que en definitiva lle da a vida a unha fotografía

No ano 1950, a Revista Life encarga unha reportaxe sobre os amantes de París e de aí sairá a serie “Bicos” que recolle a obra máis significativa deste artista, a súa fotografía “Le Baiser de l'Hotel de Ville”, que se converteu nunha das máis populares e na icona romántica do amor e da capital francesa, pero Doisneau é moito máis que esa famosa foto da que declararía Non é unha foto fea, pero nótase que é froito dunha posta en escea, que se bican para a miña cámara”. Un ano máis tarde, Doisneau expón as súas fotos no Museo de Arte Moderno de Nova York, o MOMA.

A obra de Doisneau pasa inadvertida durante anos ata que na década dos oitenta o mito rexurde e a súa obra é recoñecida mundialmente. Unha obra que destaca por ter retratado a vida da cidade de París e dos seus habitantes ao longo de moitas décadas.

martes, 17 de febreiro de 2009

III Premio Espiral Edublog

A Asociación Espiral, Educación y Tecnología ven de convocar o III Premio de Edublogs 2009.

Un premio que pretende valorar a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación do alumnado, recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica, servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TICs na aula, así como favorecer cauces de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogs no entorno educativo.

Son cinco as distintas categorías ás que se pode obtar:
  • Blogs de profesoras e profesores.
  • Blogs colectivos de profesoras e profesores.
  • Blogs de centros educativos.
  • Blogs de aula.
  • Asesoramento, formación e asociacións educativas.
A presentación de candidaturas poderá facerse ata o 3 de abril de 2009. Unhas candidaturas que poden ser valoradas por outros lectores mediante os comentarios en cada artigo ou proposta. Comentarios e valoracións que serán tidos en conta polo xurado que publicará os finalistas o 18 de abril de 2009 e os resultados finais o 2 de maio de 2009.

Dende O Segrel do Penedo queremos animar aos magníficos profesionais ao fronte dos blogs das Bibliotecas Escolares Galegas, nas súas distintas modalidades, de centro, de aula, de asesoramento... a que presenten os seus blogs e nos sigan a facer visibles, sigan a pregonar o bo facer das Bibes Galegas.


Ánimo compañeiros/as, este ano A POLA BUXAINA DOURADA !!!!!

Blogues presentados

Candela Cort: Arte e Moda

O Museo do Traxe en Madrid, dende o pasado día 13 ata o 26 de abril, acolle a exposición “El arte de Volar” de Candela Cort, na que esta recoñecedísima sombrereira auna a súa faceta de deseñadora coa de artista.

A artista ten como modelos a personaxes extraidos dalgunhas das obras máis significativas da pintura clásica, renacentista, barroca, moderna, contemporánea... así vemos "As Majas" de Goya, “As Meninas” de Velázquez, “A muller do Armiño” de Leonardo, un retrato do xaponés Utamaro...

Á hora de crear, Candela Cort afirma: “A veces é o persoeiro o que me leva ao tocado, pero a veces é o material o que me leva ao deseño e este ao persoeiro

Referíndose á exposición declarou “Téñome buscado uns clientes marabillosos, que me permitiron unha liberdade absoluta, nin protestaban nin tiñan que ir a ningunha boda. Sentinme moi libre. Voei e poseime sobre as cabezas que máis me teñen gustado” Só houbo unha clienta que se me resistiu. A Gioconda. Hai algo nela que me perturba”.

Busquei o intercambio de épocas, transformando os meus sombreiros en algo clásico e dando aos retratos un toque moderno

A exposición “El arte de volar”, trátase, en palabras da propia artista, de “voar no tempo e integrar en armonía o Renacemento e o século XXI

Unha exposición moi especial que non deixará a ninguén indiferente.


Crédito das imaxes:
Dolce City
Revista de Arte

Entrada dedicada a Antonio Martínez esperando que disculpe a nosa osadía...

Ah, e se queredes pasar un bo rato cunha destas fermosísimas obras de arte entrade aquí

luns, 16 de febreiro de 2009

Publicidade

domingo, 15 de febreiro de 2009

¿Podrá soportar España 4.000.000 de bajas de clientes de banda ancha?

Cerca de cuatro millones de ciudadanos no pueden acceder a la banda ancha en España en función de su sitio de residencia; a este indicador negativo para el desarrollo de la Sociedad de la Información en España, se le podrían sumar bajas masivas de clientes del ADSL más lento y caro de Europa.

Palacio Longoria - Madrid (Sede SGAE)
Las entidades representativas de la comunidad internauta, los profesionales y los consumidores informáticos en España estiman en cuatro millones la cifra de clientes de banda ancha -ADSL y cable-modem- que podrían darse de baja, si finalmente se confirma el acuerdo que RedTel las sociedades de gestión de los derechos de autor, abanderadas por la SGAE, para que en España se dé tres avisos antes de desconectar o ralentizar la conexión a Internet por usar redes P2P.

A la disminución de ingresos se sumarían las posibles indemnizaciones que podrían derivarse por incumplimiento de contrato de las operadoras y las sanciones aplicables en base a los artículos 8 ("Restricciones a la prestación de servicios y procedimiento de cooperación intracomunitario") y 11 ("Deber de colaboración de los prestadores de servicios de intermediación") de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, modificado por la Ley 56/2007, de 28 de diciembre, de Medidas de Impulso de la Sociedad de la Información.

Mientras las operadoras de telecomunicaciones tratan de sortear la crisis, las sociedades de gestión de los derechos de autor intentan conseguir prebendas para las empresas productoras de contenidos tratando de convencer a todo el mundo de que el intercambio de archivos entre particulares por Internet es un acto delictivo y que supone fuertes pérdidas al sector de entretenimiento.

Sin embargo tanto la fiscalía como las sentencias dictadas establecen que el intercambio de archivos con copyright restrictivo por redes P2P no es un delito y no es punible de ninguna forma cuando se trata de archivos públicos o bajo licencias copyleft (la mayoría de los casos)

Las propias entidades de gestión de derechos de autor han reconocido en el "Informe de la industria de contenidos en España", publicado por ASIMELEC, que no hay una bajada de ingresos en el sector y que solo la música tiene un retroceso en la venta a través del canal tradicional (aunque no se informa del aumento de ingresos por, entre otros, actuaciones en directo, descargas y publicidad)

Lo cierto es que las negociaciones que se están llevando a cabo bajo el auspicio del Ministerio de Cultura, pueden suponer que algunas de las empresas más solventes y con mayor capacidad tecnológica de España empiecen a perder clientes a marchas forzadas. Lo que repercutirá en su cuenta de resultados y en su capacidad de mantener el empleo.

Pero lo más grave es que un acuerdo de esta naturaleza atenta contra la libre competencia, frena en seco el acceso a la Sociedad de la Información en España menoscabando los derechos civiles de los ciudadanos y alejando aún más el derecho constitucional de acceso a la cultura y al conocimiento.

Firmado: Loly Lago y aproximadamente 3.040 firmas (por el momento). Pon la tuya publicando el texto en tu blog.

venres, 13 de febreiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXV)

QUE TODAS AS VOSAS LÚAS SEXAN DE MEL

xoves, 12 de febreiro de 2009

O Día de Darwin

No Día de Darwin, fai hoxe 200 anos que naceu, poñémonos en contacto con Walt Andersen, o noso especialista en darwinismo (se queredes saber algo máis del, poñede o seu nome e “teoría evolutiva” en calquera buscador e xa veredes). Pedímoslle ao profesor que nos explique brevemente que pode facer que un home pase de ser considerado isto...

ou aparecer nas botellas de anís.

A ser unha icona da modernidade máis friki...

e aparecer nos billetes.



O profesor prefire contestarnos explicándonos a teoría da evolución cun exemplo especialmente deseñado para O Segrel. Fixádevos nas fotografías a ver se vedes algunha que non pega.








“Correzto”. Fíxáchedesvos na última. Neste blog somos todos uns intelectuais e de nada vale ser guapo, xove e xogar ben ao fútbol. O futuro está nun señor maior con barba. É quen mellor se adapta a este blog!!! Aínda que pareza mentira, será el quen sobreviva e teña máis descendencia (?). A evolución é así: viven mellor os máis adaptados a cada momento e lugar. Se non están adaptados non teñen futuro. Este é un blog de listos así que só teñen futuro os sabios, léase Darwin. (Por certo, esa foto lévavos a un museo.)

Walt Andersen é moi “enrollado” e de despedida déixanos tres regalos relacionados co célebre naturalista:
- Un exemplar do seu libro “A orixe das especies”.
- Un garabato orixinal de Darwin representando a árbore da vida (algo así como unha árbore xenealóxica de todos os seres vivos).
- Un exemplar do libro “A orixe do home”, unha obra algo menos coñecida.


Se facedes “click” enriba de cada un, hai un enlace que afonda no asunto.
Grazas, profesor.

mércores, 11 de febreiro de 2009

Gerda Taro: A Arte como Propaganda

Gerda Taro, a primeira muller reporteira gráfica de guerra que morre no campo de bataia.

"Cando pensas en toda esa xente que coñecimos e teñen morto nesa ofensiva, - Guerra Civil española – tes o sentimento de que estar vivo é algo desleal ".( Gerda Taro, uns días antes de morrer)

Gerda coñece a Robert Friedmann e xunto a el inventa a figura dun fotógrafo americano “Capa” baixo cuxa identidade pensan aumentar a cotización dos seus traballos, como así aconteceu. No caso de Gerda, o feito de ser muller e xudea alemana, non lle facilitaba moito as cousas.

A súa foi unha carreira moi curta, eclipsada pola obra dun home da que ela se pensa é, en parte, a súa autora. Gerda e Robert, especialmente nunha primeira época, fotografíaban as mesmas escenas e asinaban como Robert Capa, e aínda que usaban negativos que se distinguían fácilmente a autoría das fotos era o de menos para eles, polo que se intercambiaban as cámaras continuamente.

Gerda Taro, artista por propio dereito e figura destacable tanto no cambio do papel da muller como do uso da arte como propaganda.


Crédito Imaxes "The New York Times"

martes, 10 de febreiro de 2009

Chega o San Valentín

Xa estamos en febreiro e con el chega o Concurso de Cartas de Amor que dende hai xa algúns anos vimos convocando xunto co ENL.

Velai van as bases. Esperamos as vosas fermosísimas cartas!!

Pica na imaxe para ampliala.

E grazas á xenerosidade do blog amigo Raioteca da biblioteca Escolar do CEIP de Andrade (Pontedeume) achegámosvos este fantástico xogo para que comprobedes canto sabedes do San Valentín.

luns, 9 de febreiro de 2009

sábado, 7 de febreiro de 2009

Novas Ferramentas (III) !!

Hoxe presentámosvos Embedr unha nova ferramenta coa que poder crear unha lista con todos os nosos vídeos de creación propia, ou cos nosos vídeos favoritos. É un servizo gratuito no que só hai que rexistrarse e xa podemos comezar a crear a nosa lista á que lle podemos poñer título, engadir unha pequena descripción, etiquetas que nos faciliten a súa recuperación e por suposto o noso toque persoal modificándolle a cor, o formato... Aquí tedes un exemplo cos vídeos de Radio Barullo


Vía Educación Tecnológica

venres, 6 de febreiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXIV)

Con motivo da Celebración dos corenta anos do último concerto dos Beatles INICIARTE entra en O SEGREL para COMPARTIR a fantástica música da banda máis aclamada, ou unha das máis aclamadas, que tanto ten, de todos os tempos. Os nosos venres musicais vístense de gala para recibir tan prezado AMIGO.

A rutina dos xastres e oficinistas da céntrica rúa Saville Row fíxose cachizas por un inesperado estrondo: os Beatles nunha azotea no que sería o seu último concerto.

Autor: Efe

Hai corenta anos, a rutina dos xastres e oficinistas da céntrica rúa Saville Row de Londres fíxose cachizas por un inesperado estrondo: eran os Beatles tocando sobre unha azotea no que sería o seu último concerto.

A lexendaria actuación, que os seguidores do cuarteto musical máis famoso da historia rememoraron na capital británica, produciuse o 30 de xaneiro de 1969, día que caeu nun xoves xélido e gris característico do inverno londiniense.

De xeito case improvisado, os «catro fabulosos de Liverpool» subiron ao tellado da sede do seu selo discográfico, Apple Records, situada no número 3 de Saville Row, a coñecida rúa na que os xastres tiñan -e algúns aínda conservan- os seus talleres.

Nin os costureiros, pampos nas súas fiestras, nin os viandantes, paralizados en plena rúa, saían da súa incredulidade: ¿A banda máis popular da época actuando en directo e gratis?

Pero si, eran eles: John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr coas súas melenas ao vento, embutidos nos seus grosos abrigos e entregados, como sempre, aos seus instrumentos musicais.

A idea de tocar no tellado, que fixo tolear a medio Londres, xurdiu como parte do proxecto de gravación do disco Let It Be (1970), no que a banda quería filmar o proceso creativo para elaborar un documental e culminar cunha actuación en vivo.

Tras varios proxectos infrutuosos, os Beatles, que levaban anos sen saír de xira e achábanse inmersos en agres disputas persoais, acordaron tocar no tellado de Apple Records.

O citado xoves, pois, ao mediodía, hora á que adoitaban actuar cando fixeron os seus primeiros pasos no club The Cavern de Liverpool, Lennon, McCartney, Harrison e Starr presentáronse na terraza, acompañados do teclista Billy Preston e dos cámaras de rodaxe.

Os Beatles tocaron cinco cancións: Get Back (tres veces), Dont Let Me Down (dúas veces), I've Got A Feeling (dúas veces), One After 909 e Dig A Pony.

Así mesmo, o cuarteto interpretou unha breve versión do himno nacional británico, o God Save The Queen, e un curto ensaio de I Want You (She's Xo Heavy).

Foron 42 minutos de puro rock interrompidos por axentes de Scotland Yard, que accederon á azotea e ordenaron deter o concerto, mentres o caos apoderábase de Saville Row.

«Se me decepcionou a policía con algo, foi o que non nos arrestase. Fose xenial terminar o concerto na azotea cun titular 'Beatles acaban concerto no cárcere», chancearía máis tarde Ringo Starr.

De feito, o espectáculo podería durar máis de non ser polas queixas dun comerciante de la do inmoble adxacente, que tachou a sesión de «vergoña absoluta» e esixiu o fin de «este maldito ruído».

A efeméride do histórico concerto non pasou hoxe desapercibida en Londres, onde decenas de admiradores da banda, entre eles membros do Club Británico de Fans dos Beatles, congregáronse ante o número 3 de Saville Row para poder visitar a terraza.

Admiradores e turistas fixéronse fotos ante a porta da antiga sede de Apple Records, un elegante edificio de ladrillo visto, onde tamén se atopaba o londiniense Mark Smith, de 47 anos, quen viu cos seus propios ollos o «concerto da azotea».

«Eu -relatou a EFE un nostálxico Smith- estaba aquí co meu pai e a miña nai. Tiña sete anos. Estabamos de compras, escoitamos música e achegámonos.

Texto vía La Voz de Galicia.

Get back

Don´t let me down


xoves, 5 de febreiro de 2009

O frautista de Hamelín do século XXI

O frautista de Hamelín do século XXI non leva unha frauta.
O frautista de Hamelín do século XXI trae un miniportátil.

O frautista de Hamelín do século XXI non fai desaparecer a ninguén.
O frautista de Hamelín do século XXI móstranos as marabillas do planeta.

Este frautista chámase Emilio Varela. É un xornalista galego que percorre os institutos españois contando que vivimos nun mundo que debemos disfrutar e protexer.



Queremos compartir con vós tres das súas recomendacións:

Un libro




Unha película




Unha web


E se algún día se vos presenta Emilio, decídelle que si.

mércores, 4 de febreiro de 2009

Korda, do Glamour á Revolución

Alberto Díaz Gutiérrez, fotógrafo cubano máis coñecido por Korda –tomou ese nome, segundo el mismo contaba, pola similitude fonética coa marca Kodak- e famoso pola súa fotografía do Che, comezou a súa labor fotográfica recollendo esceas da vida vida nocturna e intelectual da capital cubana. Coñeceu a Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Régis Debray, García Márquez… e co tempo pasou de fotografar o glamour da Cuba da época a ser o reporteiro da Revolución.

Coa entrada do exército rebelde na Habana, o 2 de xaneiro de 1959, converteuse no reporteiro gráfico do xornal Revolución, e durante anos foi o fotógrafo “oficial” de Fidel Castro. No 1960, Korda tivo o seu momento de gloria. Conseguiu a fotografía máis reproducida da historia, a fotografía do Ché Guevara. Unha fotografía que regalou a un editor milanés, Gian Giacomo Feltrinelli e que este reproduxo nun cartel que dou a volta ao mundo e que o converteu en millonario, máis el “esqueceu referenciar” ao seu verdadeiro autor. Pero o tempo, moi sabio, encargouse de poñer a Korda no lugar que lle correspondía.


"La fotografía está en el ojo del fotógrafo"
Korda
Crédito das fotos:

martes, 3 de febreiro de 2009

Poesía e Arte

SOLDADO
Xorxe, meu vello amigo
¿como fuches parar á tropa?

W.H. Auden
I
Tiña os ollos azules poboados de preguntas

sobre o tempo i as colleitas. Seu pensamento estaba

cos segadores cantando no serán, ao comenzo

do xolpor, cando a noite empeza a ser mociña.

Non comprendía os termos honorábeles,

nin as palabras encheitas de solemno soberbia

nin aos homes aquelados de estúpida suficiencia

que se coidaban importantes

porque os seus devanceiros chegaron a señores

a forza de prostituirse, axionllarse e podrecerse.

Ouvía falar dos deberes co estado soberano,

das sacaras institucións, do orde, da groria

e lembrábase axiña do carballo que había

na porta do seu casal, alá na outa montaña,

perto do río que fungaba un laio monocorde

de escumas entre as pedras; lembrábase asimesmo

do traxe esfarrapado do escolante loiro

que un día fora á guerra e non voltara;

e aínda se lembraba das maletas dos emigrantes

e das anduriñas que pasaban voando cara o sul.

Tiña o corazón cheo de verbas pequeniñas

coma cativas patrias ou pulsos latexantes.

Iletrado e sinxelo, gardaba a sabencia dos bosques

e interpretaba o profundo vento que xeme na noite.

Decía con dozura as súas verbas antigas

e dempóis calaba pra escoitar o silencio

do mundo, dilatado e inmenso coma unha chaira.

Abría as maus labregas,

que agora empuñaban un fusil,

e púñase a miralas con atención lenta e teimosa.


2

De súpeto, nos límites lonxanos do horizonte

fitóu o resprandor dunha cidá en chamas

semellante a un remoto mencer amarelo.

De enriba baixóu un rumor de treboada,

un xordo bruído do río enrabexado,

coma un rouco balbordo cubrindo a paixaxe.

Oubeóu un can nos arrabaldos,

e comenzaron os lóstregos.

O fume,

coma unha palmeira xigantesca

abríu os seus brazos ardentes

i esparexéu pola bóveda celeste

un escuro anuncio de morte.

Asubíos e lóstregos.

Os paxaros da tarde

caíron mortos cal follas de outono.

A sireia da fábrica erguéu o seu chifro

fendendo en dous anacos o día tépedo,

o día húmido e íntimo con sabor de beixo.

Lóstregos.

(Alcendeuse a bombilla.)

Unhas maus deformes afirmaron os cotobelos

no aire estremecido

e un retablo de caras esmaceladas,

mirando para o cumio, increparon aos dioses.

Queimada carne, pernas, pés, ferraduras...

Un touro asexante, coma un Minotaruro perdido

nun laberinto de brazos, rostros, pernas, seos

[tumefactos,

muxía longamente.

(Apagouse a bombilla.)

Un cincel roto

procramóu a súa protesta.

Un cabalo

dislocado, desbocado, agallopóu frenético

sobre os cascos de pedra e nitroglicerina.

Lóstregos.

Fedía a cortello misturado con cloaca e xofre.

(Alcendeuse, apagóuse a bombilla).

Viuse e non se viu unha paisaxe

de brazos, rostros, pernas, dedos,

tellas, seos, portas, aramios...

Lóstregos e os derradeiros estoupidos.

Dempóis, nada. Silencio. Un mesto silencio

de noite nevada ou de terra erma.

Xorxe, meu vello amigo:

tí que estás cos que sofren a historia

i en contra dos que a escriben,

¿cómo fuches parar á tropa?


3

Chegaron ás aforas da cidade

cubertos de borralla e de cansancio.

O teniente berróu "alto, ¿quén vive?";

na inmenda soedá nasceron nardos.

O silencio da noite estrelecida

era un longuísimo camiño branco.

As cartucheiras ían tintintín.

decían tintintín, marcando o paso.

Un bisoño decúbito supino

miraba para o ceo despiadado,

o fusil nunha mau,

na outra mau un saco.

O fillo da súa na estaba morto,

groriosamente morto sobre un charco.

Tiña nos ollos vento. Preguntaba

cunha ollada azul de animal manso.

Xorxe, meu vello, meu esterno amigo,

dime no que estás pensando.




Celso Emilio Ferreiro recrea neste fermoso poema "Soldado" (Longa Noite de Pedra) o Guernica de Picasso.
Un exemplo máis no que poesía e arte combínanse nunha armoniosa conxunción de beleza contra o horror e a barbarie do home contra o home.

Con esta entrada queremos facervos a nosa primeira proposta de poesía dende O Noso Recanto da Poesía, unha proposta que quere achegarvos eses poemas que vos/nos fagan reflexionar, nos motiven, nos conmovan, nos fagan rir ou chorar, eses poemas que non nos deberían deixar indiferentes.

E nesta ocasión, ademais, quer ser un pequeno agasallo para o noso queridísimo blog amigo INICIARTE, do que tanto aprendemos e que xa é un referente cando falamos de Arte, de ensino e de bo facer. Parabéns polo magnífico traballo que estades a desenvolver.

luns, 2 de febreiro de 2009

Publicidade




domingo, 1 de febreiro de 2009

O Noso Servizo On-line de Tradutores

Despois de ter recibido algúns "comentarios" sobre a idoneidade ou non de poñer uns xogos que moitos dos nosos visitantes non son quen de completar xa que están en inglés... decidimos poñer a disposición de todo aquel/a que o necesite, o noso servizo especial on-line de tradutores. (Vía Blogtecnia)

O Segrel, sempre disposto a "derrubar barreiras"...

ALFIN - Xogos (II)


Nesta ocasión podedes participar ata catro xogadores (xa sabedes o que nos gustan os xogos en equipo)

Hai catro categorías e para pasar dunha a outra debedes acertar polo menos dúas preguntas.

As categorías son:
Purple Category Categoría 1 - Elixir o Recurso
Green Category Categoría 2 - Buscar / Utilizar Bases de Datos
Blue Category Categoría 3 - Citar Recursos / Evitar o plaxio
Red Category Categoría 4 - Ficha da Biblioteca



Ah, esquecíame de dicirvos que, antes de comezar, podedes elixir o perfil do xogador co que queredes participar .

E recordade ler ben as preguntas antes de contestalas, pero ollo que o tempo corre...

Deixareivos as reglas por se queredes botarlles unha ollada. Ánimo é moi interesante.

Estes tres xogos que presentamos nesta fin de semana son un pequeno agasallo ao noso benquerido Capitán K., por ser el quen sempre nos plantexa este tipo de "retos"...

Related Posts with Thumbnails