xoves, 30 de decembro de 2010

Moreas de Desexos !!

Recados para Orkut

Moreas de fermosos momentos de lecturas compartidas!

Moreas de lecturas que nos fagan vivir momentos inesquecibles!

Moreas de momentos nos que vivir outras vidas!

Moreas de vidas que nos permitan ser outras persoas!

Moreas de persoas donas de mil e un soños!

Moreas de soños, os vosos/nosos soños, feitos realidade
!


“Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros; hai quen non pode imaxinar un mundo sen auga, no que a min se refire, son incapaz de imaxinar un mundo sen libros”
Jorge Luis Borges

luns, 27 de decembro de 2010

Queres Deixarnos Unha Mensaxe?












Podes facelo utilizando esta ferramenta.

É ben doado, so tes que seguir estas instrucións:
  • Clica en "clear" para borrar as mensaxes anteriores.
  • Arrastra as letras ou os números elixidos da parte baixa á pantaia superior.
  • Para borrar unha letra ou un número so tes que volvelo arrastrar á parte baixa.
  • Escribe o teu nome ao final para que saibamos quen nos deixa esa mensaxe.
  • Unha vez escrita a mensaxe clica en "save"
  • Abrirase unha pantaia para que deixes o teu nome e o do teu blog.
  • Calquera que entre na páxina verá a túa mensaxe ata que escriban outra.
Anímate, é divertido!!

domingo, 19 de decembro de 2010

venres, 17 de decembro de 2010

A Noticia do Premio Espállase !!

O Concello de Fene moi implicado na difusión do premio conseguido por "O Segrel do Penedo". Pero este non é un feito que nos sorprenda, xa que sempre sentimos o recoñecemento ao noso traballo e o seu apoio e colaboración en todas e cantas iniciativas lle propuxemos dende o centro.

RadioFusión, nada máis coñecer a noticia, fíxonos unha entrevista. Uns minutos entre clase e clase foron suficientes para intentar contarlle aos veciños do concello, a pesar dos moitos nervos, o que nos estaba a acontecer, a inmensa alegría que viñamos de recibir. Se entrades en Radio Barullo podedes escoitala.

A concellería da Cultura, a través da súa páxina web, tamén espalla a noticia.

Como podedes comprobar, no concello celebraron este premio como algo propio, como así é. E nós contentísimos e orgullosos deste recoñecemento á nosa tarefa cotiá. Como nos dicía o alcalde na súa felicitación, enviada a través do seu perfil en facebook, " [...] os recoñecementos sempre dan folgos para seguir adiante" e nesa estamos, dispostos a seguir adiante, con "máis folgos" se cabe...

E, como non podía ser menos, na páxina web do IES de Fene tamén contamos a nova... que nos sentimos ben orgullosos e queremos facervos partícipes de tan extraordinaria noticia.

Moitísimas grazas a tod@s!!

mércores, 15 de decembro de 2010

2º Premio Nacional de Boas Prácticas !!

Efectivamente así é... o noso centro ven de acadar o 2º PREMIO do MEC no CONCURSO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS para a dinamización e innovación de Bibliotecas Escolares, dotado con 10.000 euros.

O Equipo da Biblioteca O Segrel do Penedo está moi orgulloso por este recoñecemento que quere dedicar especialmente ao noso alumnado e a todos os membros da comunidade educativa que durante anos teñen participado na mellora da biblioteca escolar e deste xeito na mellora da calidade do ensino público de Fene. Grazas pola vosa dedicación e o voso esforzo.

E nesta ocasión tampouco estamos sós. Somos 8 os centros premiados:

PREMIOS INFANTIL / PRIMARIA

1º PREMIO
· CRA Mestra Clara Torres.Tui (Pontevedra)

2º PREMIO
· CPI Tino Grandio. Guntín (Lugo) · CEIP de Cervo. Cervo (Lugo)

3º PREMIO
· CEIP Os Muíños. Muxía (A Coruña) · CEIP Quintela. Moaña (Pontevedra)

PREMIOS SECUNDARIA
2º PREMIO
· IES de Fene. Fene ( A Coruña) . IES Monterroso.Monterroso (Lugo)

3º PREMIO
· IES Manuel Antonio. Vigo (Pontevedra)

Os nosos parabéns ás comunidades educativas de todos eles e a quen fai posible que as Bibes Galegas sexan un referente nas Bibliotecas Escolares do estado. Grazas Cristina e Pilar!!

Emocionante despedida de Alsira.

O pasado luns, no noso club de lectura de pais, nais e profes, durante a xornada de celebración e despedida do ano, tivemos un momento máxico no que a emoción nos embargou a todos. Alsira despediuse do noso club, pero a súa despedida non se limitou a un par de bicos e unha aperta a todos e cada un de nós, o seu "ata o curso que ven" foi, como ela mesma é, algo moi especial que, por suposto, non esqueceremos e co seu permiso traemos hoxe ao Segrel.

CARTA DE DESPEDIDA DE ALSIRA

"No resulta fácil condensar en unas pocas palabras todos los sentimientos, emociones, y sensaciones que, una vez vividos, se incorporan a nuestro bagaje personal y que nos acompañan ya para siempre. Durante un tiempo hemos tenido el privilegio de compartir aula, experiencias, y enseñanzas, con una profesora que ha tenido la virtud de hacernos ver, en la realidad paralela al devenir cotidiano que conforman el cine y la literatura, un universo que va más allá de un primer visionado, de una primera lectura, intentando inducirnos a mostrar una mente abierta, capaz de captar un segundo mensaje, una segunda intención, pretendida o no por sus autores.

A lo largo de la breve trayectoria académica en la que he estado inmersa en este Centro, todos los profesores han intentado enseñarnos algo más importante que el mero aprendizaje repetitivo de una materia. Han conseguido que aprendamos a tener una visión amplia no sólo de la enseñanza, sino de la propia existencia. Así ha ocurrido en esta biblioteca, donde hemos participado, en el placentero trabajo de contemplar las películas y de leer los libros que Loly nos sugería, logrando que disfrutásemos de un apasionante tiempo de ocio, en un ambiente de camaradería y de amistad, consiguiendo que anhelásemos su propuesta de nuevas tareas, en la certeza de que las películas o los libros seleccionados, iban a aportarnos ese toque de innovación, de magia, de aquello que trasciende lo ya visto, lo ya conocido, la cotidianeidad, para trasladarnos al mundo particular de creadores superlativos. Nuestra profesora ha sabido motivarnos para que compartiéramos con ella el goce de los pequeños tesoros artísticos que había elegido para nosotros.

Junto con una gran profesora, he tenido la fortuna de contar durante este período, con unos compañeros de una calidad humana excepcional, lo que ha propiciado que se diera una confluencia de intereses y afinidades, que convirtió el curso en una experiencia enriquecedora y motivadora, tanto desde el punto de vista académico como del personal.

El conocimento adquirido, la asimilación de una nueva forma de ver lo que se nos presenta como realidad y, sobre todo, la asertividad y la calidez del trato, tanto por parte de la profesora como por parte de los compañeros, han logrado marcar en mi alma, de manera indeleble, el significado profundo de las palabras afecto y agradecimiento, hacia los que considero, ya de por vida, mis amigos"
Alsira.


Ata sempre Alsira, foi un pracer poder compartir contigo lecturas, experiencias, anécdotas, moitas risas, e sobre todo un tempo marabilloso que nos permitiu coñecer a unha gran muller.

Esperámoste o vindeiro curso!!

sábado, 11 de decembro de 2010

Obradoiro de Manga na Bca. Municipal

Como todos os cursos, na formación d@s nos@s usuari@s non pode faltar unha visita á biblioteca municipal, onde Sonia Iglesias, a bibliotecaria, sempre nos ten un fantástico agasallo. Nesta ocasión foi un obradoiro de manga da man de Marisa Irimia, prestixiosa ilustradora, contacontos... galega, que foi todo un achádego para nós.

Marisa fixo unha exposición moi didáctica -que clariño lles deixou a necesidade de utilizar as distintas fontes de información para documentarse moi ben e poder realizar os magníficos traballos do que é autora-. Toda a información que nos presentou estaba marabillosamente documentada e ilustrada e a parte práctica foi, iso, moi práctica. Marisa estivo con todos e cada un dos rapaces e rapazas axudándolles na creación dos seus personaxes, dándolles consellos, facéndolles bocetos... Unha extraordinaria profesional que nos deixou convidados para organizar outro encontro con ela.

Parabéns a Marisa e gracias a Sonia, a nosa "Bibliotecaria favorita"

xoves, 9 de decembro de 2010

mércores, 8 de decembro de 2010

As Mochilas Viaxeiras Non Paran !!

Así é, porque a saída do pasado venres é xa a terceira deste curso.

É esta unha iniciativa de lecturas compartidas que as familias, despois de tres anos, seguen a ver como moi positiva:
  • "Está moi ben esta iniciativa de compartir a lectura cos fillos"
  • "Unha idea moi orixinal e positiva para pais e fillos. Unha actividade moi educativa para toda a familia poder compartir cultura."
  • "Unha actividade coa que se aprende moito, é moi interesante."
  • "É unha actividade fantástica, podemos ler e logo comentar o contido das mochilas. Hai para tódolos gustos."
  • "É unha actividade moi educativa, pois podes ler todo tipo de lecturas, ver peliculas ou escoitar música"

A través dela podemos saber cales son os libros que máis lles gustaron:

E coñecer as súas suxestións:

E, por suposto, as súas queixas, que no caso das Mochilas é só unha, que aínda que non é xeneralizada non por iso deixamos de tela en conta...

  • "O tempo que nos deixades as mochilas paréceme moi curto xa que non hai tempo físico para ler e ver todo o material"
Contidos das Mochilas de 1º ESO

martes, 7 de decembro de 2010

Vargas Llosa ou o Eloxio da Lectura

Así comezou o seu discurso ante a Academia Sueca o Premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosa, facendo un fermosísimo eloxio da lectura...

"Aprendí a leer a los cinco años, en la clase del hermano Justiniano, en el Colegio de la Salle, en Cochabamba (Bolivia). Es la cosa más importante que me ha pasado en la vida. Casi setenta años después recuerdo con nitidez cómo esa magia, traducir las palabras de los libros en imágenes, enriqueció mi vida, rompiendo las barreras del tiempo y del espacio y permitiéndome viajar con el capitán Nemo veinte mil leguas de viaje submarino, luchar junto a d’Artagnan, Athos, Portos y Aramís contra las intrigas que amenazan a la Reina en los tiempos del sinuoso Richelieu, o arrastrarme por las entrañas de París, convertido en Jean Valjean, con el cuerpo inerte de Marius a cuestas.

La lectura convertía el sueño en vida y la vida en sueño y ponía al alcance del pedacito de hombre que era yo el universo de la literatura. Mi madre me contó que las primeras cosas que escribí fueron continuaciones de las historias que leía pues me apenaba que se terminaran o quería enmendarles el final. Y acaso sea eso lo que me he pasado la vida haciendo sin saberlo: prolongando en el tiempo, mientras crecía, maduraba y envejecía, las historias que llenaron mi infancia de exaltación y de aventuras."

No Día Contra a Violencia de Xénero...

Crédito da Imaxe "Macus Romero"

Como xa é habitual, ano tras ano, no Día internacional Contra a Violencia de Xénero, nós tamén dicimos "Basta Xa!" e facémolo con música e poesía.

Nesta ocasión foi o alumnado de 1º de ESO quen, durante o recreo, quixo amosar o noso rexeitamento a esta lacra social que xa leva acabado coa vida de 67 mulleres a día de hoxe, 7 de decembro. Ata cando!!

luns, 6 de decembro de 2010

6 de Decembro "Día da Constitución"

A Constitución Española, en vigor dende o 29 de decembro de 1978, é a norma suprema á que están suxeitos os poderes politicos e os cidadanos de España.


Para saber máis:
A Constitución Española (pdf)

Constitución Española de 1812

Xogos e actividades para coñecer mellor a Constitución
Parlamento de Canarias

Junta de Andalucía


Junta de Castilla León (Vía)

domingo, 5 de decembro de 2010

Que aconteceu no ano...

... que naciches?

Queres saber cal foi a película que gañou o Oscar, o libro máis vendido, a quen se lle concedeu o premio Nobel de literatura e moito máis?

Pois non tes máis que entrar en What happened in my birth year? e Voilá!!

Que, anímaste? Admite dende o 1900...

Nós xa o fixemos e estes son algúns dos acontecementos do 2007, ano no que saímos á blogosfera...



Vía

sábado, 4 de decembro de 2010

É un Libro!!

Xa o tiñamos visto, pero hoxe achegounolo unha boa amiga. Será porque esta longa ponte invernal invita a quedar na casa (animados por uns controladores aéreos ben "profesionais"!!) e disfrutar da lectura dun bo libro...


Grazas Maribel (a pesar dese "pequeno intruso" esgochado baixo o sombreiro) !!

luns, 29 de novembro de 2010

Berlanguiano

Remata novembro. Este mes no que nos visitou o papa e se marchou Berlanga. As películas do valenciano teñen un carácter universal do que non se ten falado o suficiente. Recordouse a descrición que facía da España da segunda metade do século XX, pero sen insistir en que os asuntos locais adquiren un carácter universal cando son tratados por un xenio. Por algo existe o adxectivo "berlanguiano".

Tomemos, por exemplo, “Bienvenido, Mister Marshall”. É o retrato dun caso que pode darse aquí ou en América. Aínda que non fai falta ir tan lonxe. Algo diso lles pasou aos que agardaban a Bieito XVI na estrada de Lavacolla. Foi “berlanguiano”.

Unha das cousas que máis me gusta das súas peliculas é o retrato coral. Unha morea de xente e cada un aparece coa súa personalidade ben definida.

No caso que nos ocupa poderíamos poñer ao que ten máis sorte que o resto e puido ver de cerca ao papa. Agora non para de ensinarnos as fotos.

Non debería faltar o chufón, esa criatura “superior”, aínda que minta tanto como fala. Seguro que posúe algo único: unha foto do papamóbil no garaxe.

Teríamos ao supercrítico que se fixa nun detalle para renegar da humanidade. En vez de ir a Santiago a ver ao papa, paseou pola rúa do Vilar e quedouse mirando para un escaparate cun sorriso.

Fixádevos no estante superior.

E, para acabar, sempre estará a beata que nos pedirá respecto e nos regalará unha estampiña, que para este blog será unha visita virtual e gratuíta á Basílica de San Pedro.

venres, 26 de novembro de 2010

Roteiro pola Bibes de Ferrolterra (I) - CEIP de Pazos

O pasado mércores, 24 de novembro, as bibliotecas escolares do Plambe Ferrolterra, celebramos a nosa habitual reunión mensual dun xeito ben especial. Comezamos o noso Roteiro Bibliotecario pola Biblioteca Xoán Farias do CEIP de Pazos, pero nesta ocasión ampliamos o grupo de amig@s e Chispa, a mascota da Biblioteca, fixo extensible a invitación a todas as bibliotecas escolares, Plambeiras ou non, desta zona. Magnífica idea, non si?

Nesta xuntanza compartimos proxectos, intercambiamos ideas... que xa volas explicaremos máis polo miúdo segundo se vaian plasmando, pero o máis importante de todo foi a ilusión e as gañas de levar a bo porto esta nova "andaina bibliotecaria".

E claro, como non podeía ser menos, velaí tedes a reportaxe gráfica do acontecido. Non farei máis comentarios ao respecto, as fotos falan por si soas -dunha fermosísima biblioteca moi viva - e os pés de foto... para non deixar de lelos!!


O noso agradecemento a Rosana, Profe Rosa, Feli, e por suposto a Chispa, unhas magníficas anfitrionas que nos agasallaron cunhas preciosísimas chapas da súa marabillosa biblioteca, verdadeiro referente das Bibliotecas Escolares.

Parabéns mozas, puxéchedes o listón ben alto, veremos como conseguimos estar á altura....?

martes, 23 de novembro de 2010

Educación 2.0 : "A Tecnoloxía Invisible"

Vía Educación Tecnológica chegamos a esta extraordinaria presentación na que Ana Laura Rossaro nos fala de Educación 2.0 e dos cambios que conleva, do "novo paradigma educativo":
  • Cambios na relación co saber
  • Novas formas de aprender e ensinar
  • Cambios na relación pedagóxica
  • Cambios institucionais

venres, 19 de novembro de 2010

Homenaxe a Miguel Hernández

No centenario de Miguel Hernández, o departamento de Lingua Castelá e a Biblioteca Escolar organizamos a nosa particular homenaxe a tan extraordinario poeta.

O venres día 29 de outubro dedicamos case toda a mañá ao visionado do documental "Miguel Hernández el poeta del pueblo" e á lectura dalgún dos seus poemas. Lectura realizada polo alumnado de ESO acompañado por Sarai ao piano, Andrea coa viola e Serafín co acordeón. Foi unha xornada ben fermosa...

Alumnado que dedicara algunhas das súas clases a afondar sobre a vida e obra de Miguel Hernández, clases nas que elixiron canda seu poema e que posteriormente ilustraron. Como podedes comprobar, nestes grupos hai moit@s artis@s.







En 1º, algúns deles tamén elaboraron un cartaz multimedia utilizando unha ferramenta moi intuitiva, e que lles gusta moito, como é Glogster .
Velaí tedes algúns deles...


Joel Mirad

Juan Ramón Vázquez

Sarai Pico Suárez

Andrea Fornos Seco


Carlos Aguado



Noelia Freire


Andrea Goti

Raquel Varela

mércores, 17 de novembro de 2010

!Flavors.me" A Nosa Páxina Persoal

A través do Twitter de Antonio Alonso, como tantísimas veces xa ten pasado e tantas outras que pasará..., chegamos a unha extraordinaria aplicación web que nos permite agrupar as redes sociais nas que participamos, as fotos, os vídeos e o blog da nosa biblio.

En flavors.me/osegrel temos integrados no mesmo espacio os nosos perfis en Facebook e en Twitter, o noso álbum de Picasa, a Canle de You Tube e, por suposto, o blog do Segrel. Que vos parece?

Velaí vos deixamos un vídeo en Vimeo sobre Flavors.me

Flavors.me from Jack Zerby on Vimeo.

Que, animádesvos a crear a vosa?

domingo, 14 de novembro de 2010

De Imprescindible lectura!!

Vía o Twitter de Planeta Lector coñecimos este extraordinario documento sobre o uso das TIC nas aulas...

Un documento de imprescindible lectura.

Conclusiones Focus Gropu

  • Las TIC han de introducirse en las aulas y centros educativos, pero para contribuir al cambio, la calidad, la innovación y la mejora del sistema educativo, y no para llenarla de nuevos "artilugios"

sábado, 13 de novembro de 2010

García Berlanga: In Memoriam



Hoxe despedimos a Luis García Berlanga, e con el morre un estilo, unha voz, a visión dun país, unha cultura, unha filosofía propia sobre o xénero humano, zurcida a dúo con outro xenio, o guionista Rafael Azcona. (El País.com)


"En 1986 recibió el Premio Príncipe de Asturias de las Artes y en 1993 el Goya al mejor director por Todos a la cárcel. Su película Plácido fue nominada para el Oscar a la mejor película extranjera en 1961. Ha recibido la Medalla de Oro de las Bellas Artes en 1981, el Premio Nacional de Cinematografía en 1980 y la orden italiana de Commendatore." (Famosos valencianos)



Non esquezades acercarvos á farmacia e facervos cun par de caisiñas destas pílulas máxicas, senón para vós, sí para eles...

Vía Biblioteca Xoán Farias

martes, 2 de novembro de 2010

Estábalo pedindo.

Estou farto destes sustiños do Samaín e do Halloween. Hoxe vou facer as cousas en serio, moi en serio.
Vas a ver a exhumación dun cadáver. Sentirás medo, pero porque queres. Es libres de ver o vídeo e vas a elixir darlle ao play. Non me culpes. A curiosidade e o morbo por ver a putrefacción cadavérica son teus. Levas días pedindo pasar un mal rato. Incluso temes que mañá esta entrada non exista e daraste presa por vela. Veña. Dálle. Sempre quixeches saber que lles pasa aos mortos.

venres, 22 de outubro de 2010

Reportando as San Lucas 2010 (Mondoñedo)

É no gran libro da xeografía galega onde Don Álvaro comenta que baixar pola estrada de Vilacampa ao Valadouro é sentirse como unha folla caída que leva o río. Non é de estrañar que, cando Primitiva T.V.chegou por aí ás San Lucas (since 1.156), se alegrara de ver a atracción da foto.



martes, 19 de outubro de 2010

Isaac Asimov e o "impacto" de Internet na Educación


"Fai que disfruten aprendendo
e eles continuarán facéndoo"



(Entrevista realizada, en 1988, ao escritor Isaac Asimov no programa "El Mundo de las Ideas")

venres, 15 de outubro de 2010

Videoxogos Educativos na Aula

Manual (clica na imaxe)

Cantas veces, como docentes, nos preguntamos sobre os beneficios da utilización dos xogos na aula, sobre os beneficios pedagóxicos dos videoxogos e a forma de poder utilizalos como recurso educativo e motivacional.

A través do Twitter de Jordi Adell atopamos unha extraordinaria publicación elaborada no marco do proxecto "Juegos en los centros educativos" de European Schoolnet. Un manual para docentes que proporciona información teórica e práctica que axudará a tomar decisións fundamentadas sobre a elección e o uso dos videoxogos na clase e a disfrutar de todos os beneficios que estos aportan.

mércores, 13 de outubro de 2010

A realidade sobredimensionada

O cine anda un pouco revolucionado con iso do 3D. Que se é un truco para conseguir cartos, que se é un paso adiante como o cine sonoro ou en cor, ...
Á vista da imaxe do San Froilán que nos envía Primitiva T.V., a especialista en novas tecnoloxías e festas populares deste blog, o da sétima arte non é nada comparado coa que se vai armar no mundo do teatro.

luns, 11 de outubro de 2010

Eu tamén me apunto a este blog!

Sen querer dar leccións a ninguén, mostraremos cousas chulas da vida (para iso son as biblios, ou non?) aproveitando o que se pode encontrar na rede e usando un pouco de imaxinación.
Por exemplo, empezamos a semana cunha canción optimista.


domingo, 10 de outubro de 2010

Biblioteca Escolar: Un Mundo de Oportunidades

Dende o ano 2008 a IASL dedica o mes de outubro as Bibliotecas Escolares e difunde un cartel e un lema co que se pretende poñelas en valor.

Este é o cartel, obra de Marina Seoane, que, baixo o lema "Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades" a Consellería de Educación, como xa ven sendo habitual nestas datas, enviará a todos os centros educativos, según aparece no blog da Asesoría das Bibes Galegas "co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos"

("Será verdade que a nosa administración ten tan claro o papel das bibliotecas escolares e o traballo que está a desenvolver o profesorado? Ogallá, e así sexa!")


En O Segrel está a ser este un mes ben activo.

A primeira semana organizamos as Bibliotecas de Aula de 1º e 2º de ESO e comezamos a Formación de Usuari@s co alumnado de 1º.


A segunda, saíron as Mochilas Viaxeiras de 1º e 2º de ESO.

O vindeiro luns día 11, teremos a primeira xornada do Club de Lectura de alumnado e o 18 o de pais, nais e profesorado.


Convocamos un Concurso de Marcapáxinas co tema da "Biblioteca Escolar"


E o día 29 remataremos cun recordo moi especial á figura de Miguel Hernández no centenario do seu nacimento.


Non está mal para ser este o primeiro mes, non si? Pero xa vos iremos contando máis polo míudo todas estas actividades.

sábado, 9 de outubro de 2010

xoves, 7 de outubro de 2010

Mario Vargas LLosa: Premio Nobel de Literatura 2010

Mario Vargas LLosa, o escritor de orixe peruano que tamén obtivo a nacionalidade española no ano 1993, recibe o Premio Nobel de Literatura 2010.

O autor de obras como "La tía Julia y el escribidor", "¿Quién mató a Palomino Molero?", "Lituma en los Andes" (Premio Planeta 1993) ou "Travesuras de la niña mala" é o primeiro escritor en lingua española que recibe o premio Noble despois de vinte anos.

"El Nobel se lo debo tanto a la Academia Sueca como a España"

"El Nobel reconoce el español y la literatura hispanoamericana"

O vindeiro 3 de novembro sairá publicada a súa última novela "El sueño del celta". Podedes ler as primeiras páxinas aquí.

Escritores en lingua española premiados co Nobel de Literatura

Crédito da imaxe

venres, 1 de outubro de 2010

Xa estamos de volta!!

Así é.

E esa volta tivo como protagonista no seu primeiro día a unha xove escritora galega, Iria López Teixeiro, veciña de Fene e ex-alumna do IES de Fene, que foi a encargada de inaugurar o curso escolar.

Iria comezou a súa intervención lembrando o seu paso polo centro e nos falou da súa traxectoria literaria, "o meu soño dende que teño uso de razón" que compaxiña coa súa profesión de montadora de vídeo, unha profesión que "se nota no ritmo e na narración das miñas novelas"

A gañadora do "I premio Biblos-Pazos de Galicia" coa súa novela "Meniña de cristal" presentounos o súa curta "Dous homes e un suicidio" e agasallounos cun exemplar da súa segunda novela "Santa Matriusca"

Foi un placer coñecela e quedou invitada a compartir con nós unha sesión dos nosos clubs de lectura.

Ata pronto!!

venres, 25 de xuño de 2010

Suxestións de Lecturas Para o Verán

POR UN VERÁN CHEO DE LECTURAS COMPARTIDAS!!



FELICES VACACIÓNS !!

E NON ESQUEZADES QUE...

O SERVIZO DE PRÉSTAMOS
PERMANECERÁ ABERTO DE 11 A 13 HORAS
TÓDOLOS DÍAS ATA O 11 DE AGOSTO.

QUE SEIQUE O INSTI SEN VÓS É MOI ABURRIDO...!!

martes, 22 de xuño de 2010

English Project: "Xacobeo"

Durante o presente curso académico, e por primeira vez, decidimos traballar cun proxecto en 3º de ESO.

Eliximos o Xacobeo e a experiencia foi moi positiva, sen pasar por alto que tod@s temos moito que aprender na aplicación deste tipo de metodoloxías... decir que o alumnado, en xeral, traballou moi ben e ao longo do curso achegámonos a distintas ferramentas e recursos que a chamada Web 2.0 pon á nosa disposición.

Hoxe, último día de curso, tod@s eles/as pediron continuar utilizando a mesma metodoloxía o vindeiro curso, a pesar de que confesaron que había que traballar máis que utilizando o libro de texto...

Hummmmm, estades de acordo con eles? Vexamos o que fixemos ao longo do curso...

Comezamos realizando distintas actividades ALFIN elaboradas polo equipo da biblioteca e que foron traducidas polo departamento de inglés "Let's do research"

E a partir de aí, pasamos á busca de información e a posterior elaboración de distintos documentos. Primeiro foi unha presentación en PowerPoint, logo, cada alumn@ deseñou o seu propio folleto sobre un aspecto concreto do Xacobeo e finalmente un libro virtual e, como non podía ser menos, velaí tedes o cartel virtual que preparou Ana.

Rosa Aneiros cos Clubs de Lectura do Segrel

O luns día 7 de xuño celebramos o fin de festa dos clubs de lectura do Segrel cun fantástico encontro con Rosa Aneiros.

É esta unha experiencia que ano tras ano vimos realizando como remate das sesións dos clubs de lectura e, como ides comprobar, cunha extraordinaria aceptación por parte de tod@s @s asistentes.

Cando, hai xa tres anos, comentamos a nosa idea de facer unha reunión conxunta cun autor, naquela ocasión foi con Fran Alonso, e os membros dos clubs de lectura de alumnado e o de pais, nais e profes, houbo algún compañeiro que nos amosou as súas reticencias porque, segundo parecía, aos 15 e 16 anos non nos gusta estar cos nosos pais e nais neste tipo de actividades, que a rapazada non disfrutaría...

Que equivocados estaban os que así falaban! A experiencia non pode ser mellor nen máis positiva. En todas as ocasións son eles, os mozos e mozas, os que piden que se volvan a repetir estas xuntanzas conxuntas.

O encontro con Rosa Aneiros foi inesquecible. Comezaron Jose, un pai, e Laura, alumna, facendo unha estupenda presentación de Rosa. Laura fixo unha breve reseña biográfica e Jose falou do que para el supuxo a lectura de "Sol de inverno". E a partir de aí, e durante máis de tres horas falamos de libros, de lectura, do proceso que se segue para escribir un libro; falamos de "Inverno" e analizamos a numeración dos capítulos de "Ás de bolboreta", que era algo que intrigaba moito a algún dos nosos rapaces,... e, por suposto, coñecemos unha miaxiña máis a esta extraordinaria escritora e mellor persona, e así soubemos que...:

"A literatura é todo o que os lectores van conformando a partir do que leron"

"Cando máis aprendo dos libros é cando os comparto"

"Cando remato unha novela os personaxes deixan de ser meus"

"A min o que me dá para escribir historias é vivir"

Velaí tedes algunhas imaxes do que alí aconteceu...




E non podíamos, nin queríamos esquecer o que opinan sobre Rosa Aneiros e esta experiencia conxunta algúns dos asistentes:

Pais, nais e profesorado:


"Poucas veces coñecín a un escritor ou escritora que fora tan asequible como Rosa Aneiros. Agradable, sinxela, comunicativa, clara, concisa, familiar... Dáche a sensación de que a coñeces de sempre, de toda a vida. Encántalle escoitar aos demais e aos demais nos encanta escoitala a ela. Unha auténtica profesional"
Mª Carmen Arnoso

"Hai veces que as verbas escritas dun autor/a fannos imaxinar unha personalidade, unha presenza, un estar, porque -imaxino- en cada obra hai algo de si mesm@s, do seu propio ser, do seu pensamento. Adoitame pasar con es@s escritor@s que te aferran ao libro ata rematares, nos que calquer obriga que te separe das páxinas é un contratempo. Logo, un día, coñécel@s e, como cando ves unha película logo de ler o libro, sintes que non era es@ @ autor/a que ti imaxinaches, e sintes un pouco de mágoa, un "para-que-viría". Con outr@s (Fran Alonso, Agustín, Marilar...) o encontro é fantástico e gozoso.
Con Rosa Aneiros foi fantástico, gozoso e fabuloso. Levou con tanta naturalidade a timideza d@s que alí estabamos para iniciar as preguntas, con tanta prestancia as preguntas d@s rapaces e rapazas, facéndolles atopar por si mesm@s as respostas ao que preguntaban, foi tan sincera nas respostas, que por un intre, escoitándoa falar dos seus personaxes, do seu padriño, das súas primeiras experiencias na escola de Valdoviño, pasoume polo maxín que a Biblioteca do IES se transformara e alí estabamos tod@s, sentad@s polo chan, nas alfombras, nos sofás, tomándonos uns cafés (cacao para menores non acompañad@s), nunha charla de xente que se coñece de hai moito tempo.
O sorriso constante, a naturalidade, as respostas concretas, claras, a falta de présa dunha persoa que non vive disto, que ao día seguinte tería que erguerse cedo para acudir ao seu traballo, o humor... Non sei se se nota que quedei prendada desta persona, porque da escritora xa estaba. Que é desa xente de quen podes decir sen medo a errar que ten calidade humana. E tamén "calidez". Cando vai volver???"

Maribel Serantes

"Foi unha experiencia moi positiva. O saber estar de Rosa Aneiros nos fixo pasar un rato do máis agradable. Cunha soltura propia dunha gran escritora como é, deunos todo tipo de detalles e anécdotas sobre as súas obras, de como as foi elaborando e fixo posibles dende un principio. A familiaridade e atención con que nos tratou foi para min o que máis me chamou a atención. Por sorte, vexo nela un claro exemplo de humildade nunha persoa que dada a súa traxectoria podería considerarse unha celebridade"
Juan José López

"Pasoume o mesmo que con Agustín, se non tivera lido nada dela iría rápidamente a mercar algúnha das súas novelas. Encantoume!"
Inma Rodríguez

Alumnado:

"A actividade levada a cabo no club de lectura gustoume moito porque gracias a Rosa Aneiros todos os compoñentes do Club (nen@s e adultos) aprendimos algo máis desta marabillosa escritora e dos seus libros e tamén dos mellores escritores Galegos
"
Laura López

"Pareceume un bo día no club de lectura xa que veu Rosa Aneiros e deunos ideas para facer as nosas propias historias.
Ademais estivemos xuntos rapaces e adultos!"
Diego López

"Realmente creo que foi unha tarde ben productiva. O ritmo de preguntas foi constante, de maneira que o intercambio de opinións, consellos e pensamentos non se detivo en ningún momento. Ademais, Rosa posuía unha capacidade oral moi fluída, e estiven de acordo en case todo o que ela dicía. Respondeu a todas as preguntas satisfactoriamente."
Roi Gándara

"Rosa Aneiros inspiroume!"
Juan Carlos

Se queredes ver a reportaxe gráfica podedes entrar no noso Álbum Fotográfico ou ver unha presentación de Picassa

Axiña a reportaxe en Radio Barullo e na canle de You Tube do Segrel.

luns, 21 de xuño de 2010

Día Europeo da Música

Hoxe comeza o verán e hoxe, e dende o 2006, se celebra o Día Europeo da Música. Así que decidimos traervos algún deses temas que sempre formarán parte da historia da música de todos os tempos...

Velaí tedes esa pequena selección coa que esperamos disfrutedes.

Related Posts with Thumbnails