sábado, 31 de decembro de 2011

Novos Tempos, Novos Soportes!



E de repente atópome con esta marabilla de e-book que non podo deixar de presentarvos, porque aquel@s que aínda non o coñezades non debedes deixar de disfrutalo. Refírome a "The fantastic flying books of Morris Lessmore". Unha extraordinaria viaxe a través dunha fantástica historia. E aínda que non se poden comparar achégovos tamén a Pinocchio, Alice in New York and The Jungle book.

Mentres disfrutaba con estas marabillas, por suposto a pantaia completa, lembrei aquel fantástico vídeo que hai un tempo vira en Mangas Verdes e que tedes tamén neste recopilatorio, "unha revista é un iPad que non funciona"... Elemental, que diría aquel, non si?

Por un 2012 cheo de felices lecturas, con ou sen iPad!!


venres, 30 de decembro de 2011

Os Nosos Venres Musicais (LVII)


Non está mal para ir abrindo boca, non si?

Feliz 2012, todo o mellor!!

sábado, 24 de decembro de 2011

FELICES FESTAS!!

O equipo da biblioteca "O Segrel do Penedo" quere desexarvos todo o mellor, dun dos mellores xeitos que pode facelo, cantando e bailando. Entrade e... disfrutade!!

"Se non fora pola música habería máis razóns para tolear"!!!
Tchaikovsky

Que saibades que somos tod@s @s que estamos, mais non estamos tod@s @s que somos...

venres, 23 de decembro de 2011

Os Nosos Venres Musicais (LVI)

Fantástica versión do "White Christmas" cantado por "The Drifters"

Sede moi felices e que non falte o humor!!


martes, 20 de decembro de 2011

Roteiro polas Bibes de Ferrolterra (VI) - CEIP Os Casais

Este ano rematamos as reunións que os coordinadores das bibliotecas do grupo Plambe-Ferrolterra vimos realizando durante o ano 2011 visitando as distintas bibliotecas escolares da comarca, na Biblioteca do CEIP Os Casais de Limodre, en Fene, a biblioteca "Paula Carballeira"

Unha fermosa biblioteca chea de vida na que peques e menos peques achéganse ao marabilloso mundo da lectura e a información da man da extraordinaria Mica Bigotes, a artífice de que o mundo da ilusión e dos soños, ese mundo da maxia que se agocha nos libros esté presente neste fantástico espazo de luz e cor.

E nesta biblio ten especial celebramos a nosa última reunión do ano. Una reunión onde o eixo principal xirou en torno ao noso proxecto común "Coñecernos para querernos" e ao Bubisher.

Organizamos formatos, tempos, pensamos en distintas actividades a desenvolver para conseguir materiais e fondos para quen tanto o está a necesitar... e todo acompañado por un bo café e unhas lambonadas que a Mica se encargou de ter preparadas para a ocasión.

Unha tarde que sempre da moitísimo de sí e que tod@s @s que alí nos reunimos, nesta ocasión estivemos presentes máis de 20 bibliotecas escolares da bisbarra, disfrutamos moitísimo.

Ata a próxima benquerid@s Plambeir@s, que será xa no ano que está a piques de comezar para o que desexamos que os nosos gobernantes comecen a pensar no ensino como inversión, non como gasto, e que descubran a maxia dese lugar especial, que existe en todos os centros públicos do noso país, chamado "Biblioteca Escolar"

venres, 16 de decembro de 2011

Os Nosos Venres Musicais (LV)





Esta semana traémosvos "PERDÓNAME" tema que Pablo Alborán canta xunto á cantante portuguesa Carminho dándolle un fermoso toque de fado que a nós, xa o sabedes, encántanos. Que o disfrutedes!

xoves, 15 de decembro de 2011

mércores, 14 de decembro de 2011

domingo, 11 de decembro de 2011

"I'm Scared! - Teño Medo!"

Se mentres vemos este vídeo a angustia non fai presa de nós, é que na nosa viaxe pola vida pasamos por alto algunha peaxe...

Canto camiño queda aínda por percorrer para que ese "terror" desapareza?

"STOP BULLYING!"

Vía Twitter

MOI RECOMENDABLE!!

Grazas Aramis, botamos en falta a túa presenza nesta "nosa" bibe!!

sábado, 10 de decembro de 2011

10 de Decembro: Día dos DDHH

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Máis aínda así cabe pensar que un outro mundo é posíble, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Penísula e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!

Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


venres, 9 de decembro de 2011

Os Nosos Venres Musicais (LIV)




Esta semana, retomamos os nosos venres musicais dedicándolle a nosa entrada a quen 31 anos despois daquela data fatídica seguimos e seguiremos lembrando!!

xoves, 8 de decembro de 2011

Revista Bloc Online

A través da Revista Babar coñecemos a noticia de que están dispoñibles para ler online os números da desaparecida revista de Arte e literatura infantil Bloc.

Bloc, unha publicación bilingüe (castelán-inglés), dedicada á literatura infantil en todos os seus ámbitos (arte, fotografía, cine, deseño, ilustración…), naceu no ano 2007 e desapareceu no 2010.

Velaquí tedes os seis números publicados

BLOC O


FOTOGRAFÍA


CIDADES ILUSTRADAS


ABECEDARIOS ILUSTRADOS
HOMENAXE A JUAN FARIAS


OS INTERROGANTES


CINE E LITERATURA INFANTIL


OS XOGUETES COMO MATERIA PRIMA DOS ÁLBUMES ILUSTRADOS

Vía Twitter

mércores, 7 de decembro de 2011

"The Can" ou "O poder da publicidade"



Mención de Honra á película de animación 2D no Hyde Tube Festival de París (2009)

domingo, 4 de decembro de 2011

Chico y Rita

"Chico y Rita", de Fernando Trueba, Javier Mariscal e Tono Errando, elixida mellor película de animación na Gala dos Premios Europeos do Cine.

"Chico y Rita" narra a historia de amor entre unha fermosa cantante e un pianista cubanos. A trama desenvólvese nos anos 40 na Habana, París, Hollywood e Nova York.

sábado, 3 de decembro de 2011

Doa 1 Día!

Axuda a combater a desnutrición

Doa os teus mellores días, para que outr@s teñan días mellores!


Porque 1000 días poden previr a desnutrición. Clica na imaxe e verás eses 1000 días en menos de 2 minutos.


venres, 2 de decembro de 2011

Os Nosos Venres Musicais (LIII)


Onte celebrouse o Día Mundial da Loita contra a Sida, e nós, hoxe, queremos retomar unha "vella celebración" máis non esquecida... "Os nosos venres musicais" con "Positive Generation", un proxecto musical de Médicos Sen Fronteiras (MSF). "Voces por un futuro sin Sida"


A música como vehículo de información sobre a SIDA nos proxectos de MSF en Zimbabue.


Vía

xoves, 1 de decembro de 2011

Que importante é saber Inglés!

Vídeo especialmente dedicado @s meus benquerid@s alumn@s.

Ai, que importante é saber idiomas!!


Graciñas Sabela!!

Para saber máis visitade "Les Luthiers"

Related Posts with Thumbnails