luns, 30 de xaneiro de 2012

Día Escolar da Non Violencia e a Paz!

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.

Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.



Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Deámoslle unha oportunidade á Paz" "Give peace a chance!"

Give peace a chance - John Lennon


(Entrada compartida polas Bibliotecas Escolares do Plambe-Ferrolterra)

sábado, 28 de xaneiro de 2012

Roteiro polas Bibes de Ferrolterra (VII) - CPI San Sadurniño

O pasado mércores, e como xa é habitual, o grupo do Plambe-Ferrolterra tivo a súa reunión mensual. Nesta ocasión a cita foi no CPI San Sadurniño. Ás cinco da tarde reunímonos alí os coordinadores e coordinadoras das bibliotecas escolares da comarca co obxectivo de seguir dando pasos nese proxecto "Conocernos para querernos" que a maioría deste grupo está a levar a cabo cos rapaces e rapazas de Smara o campamento de refuxiados saharauis en Tinduf. Un proxecto que está moi presente en San Sadurniño nun fermoso álbum que montaron coas 101 fotos que Palma nos enviou e que nos levan pola historia dese marabilloso soño feito realidade que é o Bubisher e cunha fantástica jaima que montaron no edificio de primaria e onde @s nen@s poden disfrutar de momentos especiais de lectura.

Para recibirnos alí estaban os nosos compas Juan e Bea que nos fixeron un percorrido polos distintos espazos que ocupa a biblioteca e os puntos de lectura que enchen de libros o centro. Unha biblioteca presidida pola súa mascota Sansiño, a quen os profes se encargan de "tunear" dependendo da ocasión..., na que non falta unha gran variedade de libros, marabillosos álbumes ilustrados, e un fermoso Kamishibai con textos trilingues que fan as delicias de pequenos e non tanto.

E claro, como toda reunión que se precie, non faltou un fermoso marcapáxinas co que fumos agasallados e un bo cafeíño cuns exquisitos doces que deron aínda máis calor a unha reunión na que botamos en falta a Rosana, Maribel e Begoña ... Esperámosvos na próxima que será o martes 14 de febreiro no IES Fraga do Eume. Unha reunión moi "amorosa" e con cea incluída!!!!

Grazas compas pola boa acollida e o voso magnífico bo facer.

venres, 27 de xaneiro de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LXI)



Neste venres achegámosvos a Leonard Cohén o último premio Príncipe de Asturias das Letras que o vindeiro martes, día 31, sacará ao mercado, despois dunha década, o álbum "Old Ideas", do que hoxe vos presentamos este fermosísimo tema "Show me the place"

luns, 23 de xaneiro de 2012

A Arte de Benjamin Lacombe


Entrevista ao extraordinario ilustrador francés Benjamin Lacombe, na que fala das súas tres últimas obras de arte: Blancanieves, El herbario de las hadas -cunha fantástica versión para tablets- e Cuentos Macabros onde recrea o ambiente e os personaxes creados polo gran Edgar Allan Poe.

Marabillosos álbumes dos que xa disfrutamos dende o momento en que sairon publicados. Verdaderas xoias!!

Benjamine Lacombe tamén nas Redes Sociais

sábado, 21 de xaneiro de 2012

El Mal del Cerebro



La tecnología actual permite adentrarse en el cerebro para frenar su deterioro. No os perdais la primera parte de este impresionante viaje de 17 minutos al centro del cerebro "Cerebros reparados", la segunda parte, "En busca de la memoria", la tendremos el próximo jueves día 26...






Vía Facebook

venres, 20 de xaneiro de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LX)



Adele, unha marabillosa voz que esperamos disfrutedes.

Se queredes saber máis...

venres, 13 de xaneiro de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LIX)

Tinariwen - Tenere Taqhim Tossam (Official Video)


Hoxe achegámosvos a banda Tinariwen (Os desertos) creadores do blues tuareg (assouf) e que nós descubrimos vía Facebook da man do noso bo amigo Gonzalo Moure.

Poñéde o vídeo a pantaia completa, apagade as luces e disfrutádeo!

Se queredes saber máis sobre esta banda...
El país Tentaciones (non vos perdades o vídeo da cerimonia do café, fermosísimo!)
Máis Vídeos

martes, 10 de xaneiro de 2012

Endulzámonos polo Bubisher!!

Así foi como rematamos o 2011, cunha chocolatada solidaria para endulzar non só a recollida das notas, que nalgún caso boa falta facía, senón para endulzar unha miaxiña o cambio de ano aos nosos amigos e amigas do Bubisher, porque por e para eles e elas organizamos esta pequena festa.

A organización levounos uns días...
Comezamos facendo carteis cos que enchemos as paredes de entrada ao instituto para que tod@s souberan o que se ía organizar, os encargados foron os mozos e mozas de 1º e 2º de ESO. Logo houbo que preparar os vales que nos axudarían a saber de antemán de cantos chocolates e cantos churros estábamos a falar, porque Carmen, a "alma mater" desta iniciativa, sen ela sería imposible facelo, necesitaba saber canto chocolate tiña que preparar. E preparouno durante 3 horas, así estaba de exquisito. Hummmmmmm, houbo que repetiu ata... mellor non o decimos, que larpeir@s!. E que me decides dos churros, que chegaron ao instituto recén feitiños ás 10.00 da mañá? Riquísimos!!

E despois dunha semana na que os profes da biblio venderon un feixe de vales, chegou o mércores 21 de decembro, as 10.00 en punto todo estaba organizado, e comezamos, como estaba previsto a chocolatada. Todo saiu perfecto!!

Dende aquí agradecer a Carmen o seu exquisito chocolate e a súa marabillosa disposición para decirnos que sí dende o primeiro momento en que lle fixemos a proposta, ao alumnado que preparou os carteis e a tod@s canto mercaron o seu vale, que era o noso "graiño de area" - e nunca mellor dito... para ese Niño do Bubisher recén estreado, o Bubisher 1 e o Bubisher 2 nos campamentos de refuxiados en Tinduf.

Moitísimas gracias a tod@s pola vosa SOLIDARIEDADE con maiúsculas, porque sempre estades aí, e de que xeito!!

No remate do segundo trimestre haberá algo "especial" e tamén solidario... Esperamos contar de novo con tod@s vós!!


venres, 6 de xaneiro de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LVIII)


Isaac Díaz Pardo "In Memoriam"

xoves, 5 de xaneiro de 2012

Isaac Díaz Pardo "In Memoriam"

Hoxe deixounos Isaac Diaz Pardo, referente da cultura galega.
Con el desaparece un dos grandes da nosa terra.
Onde queira que esté sempre levará Galicia, a nosa lingua e a nosa cultura como bandeira.

Descanse en Paz!

martes, 3 de xaneiro de 2012

Desexos para o 2012!!


Fermoso canto á liberdade, á amizade, ao amor... obra do autor taiwanés Jimmy Liao, que obtivo no ano 2006 o Premio Especial á mellor curtametraxe de animación no Festival Internacional de Berlín.

Estes son os nosos desexos para o ano que acaba de comezar .

Esperamos que se cumplan, que boa falta fan !!
Related Posts with Thumbnails