mércores, 24 de outubro de 2012

Roteiro Plambe-Ferrolterra XI "O Segrel do Penedo"

Nesta xornada de celebración do Día das Bibliotecas Escolares, as coordinadores e coordinadores dun bo número de bibliotecas da comarca de Ferrolterra incluídas no Plambe, reunímonos no Segrel nesta primeira xuntanza do ano. Foi unha reunión ben especial xa que recibimos novas incorporacións e tamén porque nesta ocasión o resto d@s plambeir@s da comarca coñeceron aos membros do noso equipo da biblioteca do que tan orgullosos nos sentimos. 

Compartimos proxectos, ideas e actividades de formación a desenvolver ao longo do curso, distribuíronse as tres maletas viaxeiras das que dispoñemos na zona e, como non, falamos do principal atranco que atopamos na nosa labor cotiá, a falta de horas para levar a cabo o noso traballo.
Encontro Plambe-Ferrolterra XI
E durante o café, que Gabriela se encargou de endulzar cun exquisito Brownie, agasalláronnos con "Swing Café" un fermoso álbum musical de Carl Norac e ilustrado por Rébecca Dautremer, que nos leva de viaxe ás orixes do jazz; Duke Ellington, The Mills Brothers, Slim and Slam, Don Redman, Lionel Hampton, Fats Waller, Vess L. Ossman, Cab Calloway e Ella Fitzgerald aparecen nun marabilloso escenario facendo as delicias dos que coma nós amamos o Jazz. Que ben coñecen as nosas debilidades!

Graziñas compañeir@s pola vosa visita, para O Segrel foi un verdadeiro placer recibirvos. Vémonos no CEIP de Mugardos o 28 de Novembro.
Clicar na Imaxe para ir ao Álbum fotográfico

 
 

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails