venres, 30 de novembro de 2012

Debate: "Bibliotecas en la Era Digital"

mércores, 28 de novembro de 2012

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XII) CEIP Unión Mugardesa

Hoxe celebramos a segunda xuntanza do Plambe-Ferrolterra do curso e nesta ocasión achegámonos ata o CEIP Unión Mugardesa.

Nada máis chegar recíbenos un enorme lazo contra a Violencia de Xénero e xa na entrada do centro un cartel coas ilustracións feitas polos pequerrechos de 5º e 6º, e unha exposición baixo o lema "Aprende a quererte", femoso, non si? E xa dentro da Biblioteca do Dragón, decorada de outono e presidida pola súa mascota, o dragón Dominicus, marabillosos libros de poemas, álbumes ilustrados, diccionarios ilustrados feitos polos máis pequenos, libros informativos... todo feito con moito agarimo, tanto como co que nos recibiron.

Despois de mirar e remirar en cada recuncho e de facer unha pequena "memoria" do acontecido co proxecto do Bubisher que algunhas das bibliotecas de Ferrolterra levamos a cabo o curso pasado, chegaron o café e as larpeiradas e un interesantísimo libro "A Unión Mugardesa de Instrución" e un marcapáxinas co que nos agasallaron. Nós levámoslles "El Pequeño teatro de Rebecca" de Rebecca Dautremer, un pequeno recordo do noso paso por esta biblio e a súa fantástica "bibliotecaria"

Grazas polo recibimento. Ata sempre!!

Álbum fotográfico do Encontro

domingo, 25 de novembro de 2012

xoves, 22 de novembro de 2012

Portobello, porque me peta!


Alumnado do Instituto Español Cañada Blanch en Portobello (Londres) na área de Lingua Galega ánima a xente da rúa a ler a "Celso Emilio Ferreiro" en Galego. 

Orgullosos da nosa cultura!!

Parabéns a ese fantástico profe e á rapazada por este marabilloso xeito de facer país!!

Graciñas Pablo!!

martes, 20 de novembro de 2012

Medios de Desinformación - Rosa María Calaf


- "Ser un lector responsable"
- "Promover o espíritu crítico na rapazada"
- " A tecnoloxía como ferramenta"
- "Ser activos con coñecemento"
- "Reflexionar, questionar..."
- "Basar as nosas opinións en feitos contrastados..."

- Información honesta, plural, transparente, respectando as diferenzas..."

Mensaxe ben clariña de Rosa María Calaf unha grande profesional dos medios da que non deberíamos perder nin un so segundo dos 08.08 minutos que dura este vídeo ao que chegamos a través de Comunidade Cuadernalia.




20 Novembro: "O Humor e os Dereitos da Infancia" III

Para conmemorar o "Día dos Dereitos d@s Nen@s" en O Segrel temos unha fantástica exposición, "O Humor e os Dereitos da Infancia", cedida polo Museo do Humor de Fene. Exposición baseada na "Declaración dos Dereitos d@ Nen@" de 1959 que trata o tema destes Dereitos en clave de humor. 

Son 28 debuxos de 19 debuxantes (14 homes e 5 mulleres) de 10 países (España, Azeirbaijan, Arxentina, Brasil, Colombia, Cuba, Grecia, Italia, Perú e Suecia) que o Museo do Humor de Fene cede a todos os centros que desexen dispor dela e que estará no IES de Fene ata o 30 deste mes.

Álbum fotográfico da Exposición

Para traballala máis fondamente preparamos unha serie de actividades nas que tratamos os dereitos da infancia, o humor gráfico... que serán desenvolvidas dende as titorías e nalgunha outra materia. 
 


20 de Novembro "Día dos Dereitos d@s Nen@s" II

20 Novembro: "Día dos Dereitos d@s Nen@s" I

Conferencia en TED da fotógrafa Lisa Christine sobre a escravitude no século XXI. Lisa pasou dous anos viaxando polo mundo para documentarse sobre a incriblemente dura realidade da escravitude hoxe en día.  As súas fotografías pretenden iluminar a vida e a difícil situación dos 27 millóns de persoas escravizadas polo mundo.
"Espero que estas imaxes esperten nos que as vexan unha forza que acenda un lume que bote luz sobre a escravitude, porque sen esa luz a besta da escravitude pode seguir vivindo nas tebras"
Lisa  Christine
"So seremos realmente libres cando aqueles sometidos á lacra da escravitude sexan finalmente liberados"
Desmond Tutu

mércores, 14 de novembro de 2012

Related Posts with Thumbnails