sábado, 15 de xuño de 2013

Suxestións de Lectura "Verán 2013"


Por un verán cheo de lecturas compartidas.

Ata a volta.

Sede Felices !!

martes, 11 de xuño de 2013

Despedida do Club de Lectura de Pais e Nais do Segrel

Hoxe celebramos no Segrel a despedida do Club de lectura de pais e nais e fixémolo cunha sesión de cine palomitas na que recibimos a visita do Club de Lectura da BM de Ares.

Como no Encontro en Ares comentamos a fantástica novela de Clara Usón "La hija del Este", a película elixida foi "La caja de música" do gran Costa GavrasA historia de Ann unha avogada que no transcurso dun controvertido xuizo, irá descubrindo a verdadeira personalidade do seu pai, moi similar á historia de Ana, a filla do xeneral Ratko Mladic, na que se basa a novela de Clara Usón. 


Unha fantástica experiencia compartida que esperamos repetir o vindeiro curso. Velaí tedes unha mostra do que alí aconteceu.



A película completa!!


Non esquezades a nosa cita do venres 28 na xa tradicional comida de despedida.

Foi un pracer, como sempre, poder gozar destes momentos de lecturas compartidas con tod@s vós.

venres, 7 de xuño de 2013

Enquisa Club de Lectura da Rapazada

Enquisa Club de Lectura de Pais e Nais do Segrel

xoves, 6 de xuño de 2013

Encontro do Club de Lectura do Segrel con Manuel Portas

Esta tarde o Club de Segrel de pais e nais celebramos un fantástico encontro con Manuel Portas arredor da súa última novela "Faneca Brava". Un agasallo da nosa magnífica bibliotecaria municipal Sonia Iglesias, unha extraordinaria profesional coa que é un verdadeiro pracer traballar. 

Tras a presentación feita por Sonia, Manuel falounos de literatura, de libros (recomendounos Bichos de Miguel Torga), reivindicou a lectura por puro pracer, a lectura coa que nos sentimos identificados, e como esquecer aos grandes da nosa literatura, os autores do XIX, Rosalía, Curros, e como trataron o tema da emigración, Cunqueiro, o mestre do realismo máxico, e a partir de aí entramos de cheo en Faneca Brava e o papel da muller na Galicia rural, os líos de familia, o coidar das apariencias, "lavar" os asuntos na casa, o medo ao que dirán... e Concha, a ovella negra dos Pereira, unha muller á que descobrimos a través do seu primo Fernando, que non se resigna a calar, a non saber... 

Manuel falounos de como se desenvolve o proceso de creación, o seu traballo con esquemas, e o máis complicado, darlle forma á historia, o que o autor nos quere contar.

Unha tarde que dou moito de si, tanto que xa quedamos citados para o vindeiro ano... Manuel invitounos a coñecer a biblioteca e o museo do Xelmirez, e nós, que non nos facemos de rogar, xa argallamos que o encontro para falar da súa próxima novela, da que xa nos dou algunha pista, pero non seremos nós os que descubramos o segredo...., será en Santiago.

Vémonos para falar do cuarto!!


martes, 4 de xuño de 2013

Despedida dos Clubs de Lectura da Rapazada!!

Hoxe, martes 4 de xuño celebramos a reunión de despedida dos clubs de lectura da rapazada e notouse que
estamos en épocas de exames, porque nunca faltaron tantos... dos 33 que chegaron ao final de curso, so asistiron á última reunión 22.

O grupo de 3º e 4º pediron realizar esta despedida coa rapazada do outro club nunha sesión de "cine palomitas" e así o fixemos, o problema foi atopar a película que non tivéramos que deixar a medias, xa que o alumnado de 3º tiñan un exame a primeira hora da tarde. Todas as que propoñían duraban dúas horas e só dispoñíamos de 100 minutos, dende as 14.30 ata as 16.10 finalmente eliximos "Pa Negre", basada na novela homónima de Emili Teixidor.

Pero non so houbo cine, despois dos bocatas e as consabidas pizzas chegou o postre, un bizcoito riquísimo que nos fixo Mari, a fantástica cociñeira da cafetería de FP, zumes, bombóns e un fantástico agasallo de Miriam, dúas bandeixas das pastas máis deliciosas que xamás tivestes probado, pastas que fan na súa pastalería en Fene e que saben que son a miña perdición...


Como podedes ver, foi un fin de festa ben doce, que a peli xa era crú dabondo...

Agora só queda cubrir as enquisas, nas que avalíarán aa actividades desenvolvidas ao longo do curso, veremos canda sacan un oco...


Ata o vindeiro curso, se quedáchedes contentos, nós tamén... vémonos en outubro!!

domingo, 2 de xuño de 2013

VI Xornadas de Clubs de Lectura

O venres 31 de maio, os coordinadores e coordinadoras dos 222 Clubs de Lectura dos centros de Secundaria Públicos de Galicia fomos convocados aos VI Xornadas de Clubs de lectura celebrados en
Santiago de Compostela.


A xornada comezou dun xeito inmellorable, Gemma Lluch, profesora da Universidade de Valencia e membro do grupo de investigación ERI Lectura, falounos de libros e lectura e dos criterios de selección para adolescentes. E durante a súa presentación, nas lecturas escollidas como exemplo entre as bibliotecas do Plambe, alí estaban as Suxestións de Nadal do Segrel,  un pequeno detalle que nos fixo especial ilusión.

"Nos clubs de lectura apréndese a argumentar, a debater, a usar fórmulas de cortesía... se forman lectores críticos."

"A lectura é o centro da vida. Vai ligada á vida e muda con ela. É un marco para compartir, que nos axuda a crecer como persoa e como cidadano"

Recomendación: "Yo las quería"  de Carmen Solé

Despois da pausa para o café, chegou a mesa de Experiencias onde os representantes de catro centros das catro provincias galegas, Begoña Valdés, Delio Chao a quen xa coñecemos dende hai anos polo seu bo facer, Julio Abalde e Almudena Platero, contáronnos a súa experiencia nos Clubs.

A mañá rematou con Xosé R. Lois que nos presentou RedeLibros e nos falou de distintas Redes Sociais que están ao servizo da lectura.

Tras o xantar organizaron uns encontros por eixos temánticos, nós fumos a "Recursos dixitais e medios audiovisuais ao servizo da lectura" que presentou Nine Paz, Falounos da iniciativa questasleyendo.org os encontros virtuais a través de Skype, elaboración de videos presentación co Movie Maker, etc, etc. fantástico traballo e moi interesante o debate posterior. 

A xornada rematou con Marcos Calveiro "Ler, escribir, amar", que nos falou da formación lectora, un proceso que comeza na casa dende ben pequenos, unha formación que ten que ver con todo tipo de lecturas en todo tipo de soportes. Expuxo a metáfora dos "libros potito e os libros chuletón", e resaltou a importancia da oralidade e dos "libros Matrioska", libros que levan a outros libos, do que é un magnífico exemplo Agustín Fernández Paz

"Nós crecemos e maduramos a través dos relatos dos demais"

E como fin de festa quen mellor que Cándido Pazó que nos fixo reir a todos a gargalladas co conto "O burro na biblioteca". Extraordinario!!

Related Posts with Thumbnails