martes, 30 de xaneiro de 2018

Carreira Solidaria na Semana da Paz

O vindeiro venres, 2 de Febreiro, e por segundo ano consecutivo, celebrarase na pista de atletismo unha Carreira Solidaria a prol da ONG Proactiva Open Arms.

Durante toda a semana o alumnado deberá buscar patrocinadores (entre os membros da familia, amigos e profesorado) que se comprometerán a abonar 1€ por cada volta que cada un dos seus patrocinados dea á pista durante o tempo que transcorra a proba.

ESO: 1º Recreo
Bacharelato e CCFF: 2º Recreo.

A cantidade recadada será ingresada na conta da ONG

Depende de todos nós que esta iniciativa chegue a bo porto. 

Por todos eles, por todas elas, por todos nós!!!

"Non hai máis que unha educación, o exemplo"
Gustav Mahler








martes, 16 de xaneiro de 2018

Encontro con Xosé Manuel Sarille

O martes 16 de xaneiro contamos no club de lectura de pais e nais coa resenza de Xosé Manuel Sarille, autor do libro Polos fillos dos fillos. E deste xeito, puidemos comprobar de primeira man coma os dramáticos sucesos que tiveron lugar en Montecubeiro, durante a Guerra Civil, marcaron profundamente a xente do lugar, e, concretamente, a familia Sarille.

Xosé Manuel ponlle voz á historia que lle conta seu pai e aos acontecementos que viviu de neno. Deste xeito, historia e novela fúndense nun relato que non nos deixa en absoluto indiferentes e condúcenos a un efecto de inmersión que nos provoca unha marea de sensacións sobre o que puideron sentir os personaxes que na historia se describen.

A lectura do libro supuxo a lembranza de acontecementos xa coñecidos e o posterior coloquio co seu autor aclara moitos matices do mesmo. En definitiva, vivimos unha tertulia literaria mesturada con unha análise da historia recente dende a perspectiva das distintas xeracións que formamos parte deste club.


                                                           Clicar para ir ao álbum



Related Posts with Thumbnails